A boneca de trapo

08 de Marzo 2025, 12:00
Imagen
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Contacontos a cargo de Aida Cobas

Mara e a súa avoa Lola pasan moito tempo xuntas e gozan de ler, escribir e contar diferentes relatos. Un día a Mara regálanlle unha boneca de trapo que se converte no seu agasallo favorito e comeza a pensar en quen podería ser. Falando coa avoa descubre a vida doutras mulleres que cambiaron a historia e isto cambia a visión da nena e o futuro da súa boneca, así como, o dela mesma.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.