Encontro con Carolina Rueda : Gentes, caminos y sucesos

23 de Abril 2025, 20:00
Imagen
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo › Lugo

O centro deste repertorio é a viaxe, sexa física ou interior que nos leva ao encontro con outros e outras sexan persoas, culturas ou costumes.. Non está sempre o mesmo repertorio pero conserva a estrutura xeral dun conto da tradición oral sexa africano, americano ou asiático.

“Gentes, caminos y sucesos”, é un conxunto de historias nas que segundo as condicións da actuación mesturánse relatos baseados no encontro, a creación e a aventura. A viaxe en calquera vida é un evento extraordinario que nos impulsa á sorpresa e ao desfrute.

Con máis de trinta anos sobre os escenarios, a “cuentera” colombiana Carolina Rueda goza dun grande recoñecemento a nivel internacional. Caracterízase por realizar adaptacions, obras derivadas e versions libres, de autores da literatura universal. Tamén versiona relatos da tradición oral do mundo. Conte o que conte, na súa palabra cobran vida personaxes, lugares e acontecementos.

Escoitala é embarcarse nunha viaxe máis alá do tempo.

Hora: 20:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)