A biblioteca
Fachada Biblioteca Nodal de Lugo
Fachada Biblioteca Nodal de Lugo

A Biblioteca Pública de Lugo ten a súa orixe no primeiro terzo do século XIX formándose a expensas das bibliotecas dos Mosteiros de San Xulián de Samos e de Vilanova de Lourenzá e da do Convento de San Francisco de Lugo.

A súa creación oficial como Biblioteca Pública do Estado tivo lugar no ano 1944.

A biblioteca dispón dun importante fondo bibliográfico antigo (incunábeis e manuscritos e libros dos séculos XVI ao XIX). Mención especial merecen o fondo bibliográfico doado por Benito Menacho Ulibarri, composto por uns 6.841 volumes e a biblioteca particular de José Mª Montenegro, adquirida polo Ministerio de Cultura, con 2.414 volumes, ambas coleccións están instaladas en dúas salas da biblioteca, denominadas Sala Menacho e Sala Montenegro.

O edifico actual foi inaugurado o 5 de novembro de 1987. Ten unha superficie total de 4.207m² distribuídos en catro andares.

 

Misión

Ser un centro de acceso ao coñecemento, á información e a cultura desde a prespectiva dun servizo público local, un espazo aberto de convivenza, de comunicación e información, un axente de promoción da lectura, un lugar para a aprendizaxe autodidacta e de apoio aos procesos educativos

Visión

Aspiramos a ser unha biblioteca con procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos nosos usuarios e da comunidade a que serve por medio dun persoal adecuado, cualificado e eficiente, aberto aos cambios e ao traballo en equipo.

Obxectivos

  • Implementar un plan para alcanzar unha cultura de traballo baseado na planifcación estratéxica e na evaluacíón de resultados para consolidar unha mellora da calidade dos servizos.
  • Elaborar un plan de difusión e comunicación da biblioteca.
  • Implementar un sistema de comunicación interna.
  • Establecer un plan de formación para contar cun cadro de persoal con perfís e cualificación profesional adecuados.
  • Implementar un plan para a adecuación dos espazos, instalacións e dos equipamentos para mellorar os servizos.
  • Potenciar a biblioteca para convertirla no centro cultural da comunidade, un lugar de encontro onde se promocione a cultura e o lecer.
  • Desenvolver un plan de formación para o aproveitamento das novas tecnoloxías. Formar á poboación no uso dos recursos electrónicos.