Regulamento

Os usuarios deben aceptar as normas de funcionamento da Biblioteca:

  • Gardar silencio nas zonas de lectura e falar baixo nas outras dependencias.
  • Silenciar os teléfonos móbiles.
  • Depositar os materiais nos lugares dispostas para iso.
  • Repoñer o material que haxa extraviado ou danado e ver pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio de todos.
  • Non sacar da Biblioteca ningún documento sen facer previamente o préstamo ou ter solicitado permiso.
  • Non comer nin beber no recinto da biblioteca.
  • Deixar os bolsos grandes, mochilas e maletas nas taquillas.
  • Respetar ao persoal da biblioteca atendendo as súas indicacións
  • Respetar as instalacións, mobles e material da biblioteca.
  • Os menores de 9 anos deberán estar acompañados en todo momento dun adulto.