MÁIS BIBLIOTECAS

Biblioteca Nacional de España (BNE)

A Biblioteca Nacional ten a colección máis importante de España, xa que recibe e conserva exemplares de todos os libros publicados no país. Ademais, atesoura unha valiosa colección de incunables, manuscritos, estampas, debuxos, fotografías, gravacións sonoras, partituras... Proporciona acceso aos catálogos da BNE, á Biblioteca Dixital Hispánica, á Hemeroteca Dixital e a outros recursos.

Bibliotecas públicas

Bibliotecas Públicas do Estado (BPE)

A Rede de Bibliotecas públicas é a dirección electrónica, proporcionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, onde se recollen as sedes web das bibliotecas públicas.  O acceso á consulta dos catálogos das 53 Bibliotecas Públicas do Estado realízase a través da seguinte ligazón: http://www.mcu.es/bpe/cargarFiltroBPE.do?&cache=init&layout=bpe&language=es

Biblioteca de Galicia

Biblioteca de Galicia

Cabeceira do sistema de bibliotecas galegas e do patrimonio documental da nosa comunidade, a Biblioteca de Galicia reúne, conserva e difunde todo o patrimonio bibliográfico galego e facilita o seu acceso, xa sexa de forma presencial ou virtual. Peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas, a difusión da cultura galega é un dos grandes obxectivos desta institución. Ademais, funciona como depósito legal de todas as publicacións editadas en Galicia, das que se deposita unha copia nas súas instalacións.

Bibliotecas públicas municipais de Santiago de Compostela

No ano 1999 o escritor José Saramago doou o premio literario Arcebispo Xelmírez para crear unha Biblioteca na cidade de Santiago de Compostela. O Centro Sociocultural de Vite foi elixido para recibir e investir esta dotación na súa biblioteca que en diante levaría o seu nome. Co tempo, abríronse nos Centros Socioculturais de Conxo, As Fontiñas e Santa Marta novas salas desta biblioteca, todas elas co nome do premio Nobel.

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC)

Páxina web da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC) que proporciona información xeral e sobre os servizos das bibliotecas da universidade, ademais de acceso ao catálogo Iacobus, ao repositorio institucional Minerva e a outras bases de datos e recursos.

Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS)

A biblioteca do IEGPS é considerada unha das máis valiosas e mellor nutridas de Galicia. A base inicial e fundamental dos seus fondos procede do desaparecidoSeminario de Estudos Galegos, que foran depositados na Universidade de Santiago. Na actualidade, os fondos da biblioteca superan as 25000 monografías e os 8500 folletos, máis de 300 títulos de revistas vivas, prensa antiga e revistas mortas. A biblioteca custodia, ademais, un fondo documental de especial interese.

Bibliotecas Municipais de A Coruña

Bibliotecas Municipais de A Coruña

Web das 8 Bibliotecas Municipais de A Coruña, onde poderás atopar información sobre a localización, os servizos, as actividades ... e todo o referente a estas bibliotecas.

Library of Congress

A Biblioteca do Congreso de Estados Unidos, situada en Washington D. C. e distribuida en tres edificios é unha das maiores bibliotecas do mundo, con máis de 158 millóns de documentos. A colección da Biblioteca do Congreso inclúe máis de 36,8 millóns de libros en 470 idiomas, máis de 68 millóns de manuscritos e a meirande colección de libros raros e valiosos. Ademais, garda máis dun millón de publicacións do goberno dos Estados Unidos, un millón de números de xornais de diferentes países, 500.000 rollos de microfilm, 6.000 títulos de cómics ... etc