Recursos en liña: locais

Resultados 1 a 10 de 17

Criaturas: revista dixital de literatura infantil e xuvenil

Publicación dedicada á LIX, coordinada por Ledicia Costas e Daniel Landesa, e coa participación de autores como Xavier P. Docampo ou Agustín Fernández Paz, que pretende visibilizar á Literatura infantil e xuvenil galega, pero tamén outras.

Criaturas

Infantil
Cultura e patrimonio, Outros recursos

Compostela capital cultural

Axenda cultural de Compostela con toda a información sobre obras de teatro, concertos, exposicións e demais actividades culturais organizadas por diversos organismos locais.

Compostela capital cultural

Xeral
Cultura e patrimonio, Ocio e deporte, Outros recursos

Consello da Cultura Galega

Páxina web do Consello da Cultura Galega, institución que traballa na defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Aquí pódense consultar as actividades de formación e difusión pasadas e futuras, as publicacións do Consello, as novas ...

Consello da Cultura Galega

Xeral
Cultura e patrimonio

Transporte urbano

Información sobre os autobuses urbanos, coa listaxe completa das liñas , os seus horarios, o traxecto e as paradas. Tussa, +bus (mais bus) e o Concello de Santiago poñen á nosa disposición unha app que proporciona información sobre as paradas máis cercanas á túa ubicación e os horarios a tempo real. Tamén inclúe funcionalidades para coñecer incidencias, buscador de paradas ... É gratuíta e está dispoñible para dispositivos con Android e IOS.

Tussa

Xeral
A cidade

O conto viaxeiro

Blog da iniciativa das Concellarías de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Santiago para a dinamización do uso da lingua galega nas primeiras idades, ofrecendo aos centros de ensino e centros socioculturais do concello un recurso didáctico e lúdico: a construción dun conto colectivo

O conto viaxeiro

Infantil
Ocio e deporte, Outros recursos

Santiago para nenos

Ideas para que as pequenas e pequenos descubran as marabillas de Santiago e comarca e gocen do que lles ofrece.

Santiago para nenos

Ver máis

Infantil
A cidade, Cultura e patrimonio, Ocio e deporte

Santiago en Rede

Aquí podes consultar todo o que hai pola Rede relacionado co Concello de Santiago, as súas web municipais e as web das empresas concesionarias, dos organismos autónomos e empresas do Concello, así como web galegas e estranxeiras que abeiran contidos de interese para os/as habitantes de Compostela. 

Santiago en Rede

Xeral
A cidade

Concello de Santiago de Compostela

Páxina web do Concello de Santiago, con toda a información precisa para residentes e visitantes.

Concello de Santiago de Compostela

Xeral
A cidade, Administración, Emprego e formación, Historia, toponimia e xenealoxía, Cultura e patrimonio, Festas e tradicións, Ocio e deporte, Outros recursos
Roteiro literario

Roteiro literario por Compostela

Roteiro virtual pola cidade compostelá recreando once lugares descritos por cinco autores galegos, recollidos en cinco obras vencelladas ao xénero negro ou á narrativa de intriga.

Roteiro literario

Ver máis

Xeral
A cidade, Cultura e patrimonio

Parque da Alameda

Santiago de Compostela ten numerosos parques e xardíns, pero ningún está tan integrado na historia da cidade e das súas xentes como o da Alameda

Parque da Alameda

Xeral
A cidade, Cultura e patrimonio, Ocio e deporte