Recursos en liña: locais

Resultados 1 a 10 de 14

Deporte Santiago

Páxina do Departamento Municipal de Deportes de Santiago

Departamento Municipal de Deportes de Santiago

Xeral
Ocio e deporte

Centros socioculturais de Santiago

Son equipamentos de uso comunitario, xeralmente de titularidade municipal, onde se organizan actividades que pretenden fomentar a convivencia dos veciños a través de programas de ocio (deportes, cine, teatro, excursións, exposicións), sociais (bibliotecas, cursos de alfabetización de adultos...) e de aprendizaxe (obradoiros de manualidades, astronomía, xardinería, ioga, etc.). Están abertos á participación de todos os veciños de Compostela.

Centros socioculturais de Santiago

Xeral
Ocio e deporte

Compostela capital cultural

Axenda cultural de Compostela con toda a información sobre obras de teatro, concertos, exposicións e demais actividades culturais organizadas por diversos organismos locais.

Compostela capital cultural

Xeral
Cultura e patrimonio, Ocio e deporte, Outros recursos

Catedral de Santiago

Páxina web da Catedral de Santiago con toda a información relativa a sé.

Catedral de Santiago

Xeral
Cultura e patrimonio

Santiago en familia

Ideas para coñecer as marabillas de Santiago e comarca en familia.

Santiago en familia

Ver máis

Xeral, Infantil, Xuvenil
A cidade, Cultura e patrimonio, Ocio e deporte

Santiago en Rede

Aquí podes consultar todo o que hai pola Rede relacionado co Concello de Santiago, as súas web municipais e as web das empresas concesionarias, dos organismos autónomos e empresas do Concello, así como web galegas e estranxeiras que abeiran contidos de interese para os/as habitantes de Compostela. 

Santiago en Rede

Xeral
A cidade

Consello da Cultura Galega

Páxina web do Consello da Cultura Galega, institución que traballa na defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Aquí pódense consultar as actividades de formación e difusión pasadas e futuras, as publicacións do Consello, as novas ...

Consello da Cultura Galega

Xeral
Cultura e patrimonio

Transporte urbano

Información sobre os autobuses urbanos, coa listaxe completa das liñas , os seus horarios, o traxecto e as paradas. Tussa, +bus (mais bus) e o Concello de Santiago poñen á nosa disposición unha app que proporciona información sobre as paradas máis cercanas á túa ubicación e os horarios a tempo real. Tamén inclúe funcionalidades para coñecer incidencias, buscador de paradas ... É gratuíta e está dispoñible para dispositivos con Android e IOS.

Tussa

Xeral
A cidade

O conto viaxeiro

Blog da iniciativa das Concellarías de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Santiago para a dinamización do uso da lingua galega nas primeiras idades, ofrecendo aos centros de ensino e centros socioculturais do concello un recurso didáctico e lúdico: a construción dun conto colectivo

O conto viaxeiro

Infantil
Ocio e deporte, Outros recursos

ALÍ: recursos en galego para a Educación Infantil

Portal de recursos en galego para a educación infantil, creado como ferramenta de apoio a unha actividade formativa dirixida ao persoal das escolas infantís para achegarlles material didáctico e produtos culturais en galego, facilitándolles o seu emprego na aula. Deseñado e coordinado por Fabaloba.

ALÍ

Infantil
Cultura e patrimonio, Outros recursos