GaliciaLe
Plataforma do libro electrónico das biblioteca públicas galegas onde atoparás obras en formato dixital de temáticas diversas nas que os intereses de todas as persoas lectoras teñen o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana)
Galiciana ten por obxectivo non só a dixitalización dos fondos patrimoniais máis relevantes de Galicia senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación das últimas directrices internacionais e nacionais. A súa misión, preservar e difundir de xeito virtual o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.
Autores Galegos
Ofrece unha completa descrición de autoras e autores galegos e o acceso a textos, audio, e imaxes dalgúns deles.
Biblioteca Virtual da Real Academia Galega
Biblioteca da R.A.G. dedicada a autoras e autores galegos especializada na área das humanidades e, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.
Biblioteca Virtual Galega
Proxecto realizado pola Universidade da Coruña co obxecto de difundir a lingua e literatura galega.
Bivir: Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego
Biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos ( ATG).
Carteis de Galicia
Colección de carteis depositados na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Nela pódense consultar carteis dende o ano 1958 ao 2011.
Planeta Igualdade
Recurso que ten como obxectivo principal fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa, así como promover a coeducación para previr a violencia de xénero.
Recompilación de materiais de ciencia en galego
Páxina web na que se ofrece unha selección de materiais de ciencia en galego: blogues, unidades didácticas etc.
Orella Pendella
Esta páxina ten como obxectivo difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os galegos e as galegas do século XXI.