A biblioteca

BIblioteca Pública

A Biblioteca Pública de Lugo ten a súa orixe no primeiro terzo do século XIX formándose a expensas das bibliotecas dos Mosteiros de San Xulián de Samos, de Vilanova de Lourenzá e da do Convento de San Francisco de Lugo.

A súa creación oficial como Biblioteca Pública do Estado tivo lugar no ano 1944.

A biblioteca dispón dun importante fondo bibliográfico antigo (incunábles, manuscritos e libros dos séculos XVI ao XIX). 

Mención especial mererecen o fondo bibliográfico doado por Benito Menacho Ulibarri, composto por uns 6.841 volumes e a biblioteca particular de José Mª Montenegro, adquirida polo Ministerio de Cultura, con 2.414 volumes.

O edifico actual foi inaugurado o 5 de novembro de 1987. Ten unha superficie total de 4.207m² distribuídos en catro andares.

Fachada da Biblioteca Pública de Lugo