Como custodia do Depósito Legal, que obriga a entregar un exemplar de cada material producido ou editado na biblioteca provincial correspondente, a nosa Biblioteca conserva a colección histórica das obras impresas na provincia de Lugo (libros, publicacións periódicas, carteis, folletos, etc. ) dende o ano 1958. Está formada por materiais tanto para o público adulto como para o infantil.
Todos os documentos levan unha signatura que comeza por DL (Depósito Legal) e son de consulta en sala.