Información xeral

A colección da biblioteca está orientada a ofrecer ferramentas para a formación, a información e o lecer de todo o público. Está constituída por diversos materiais: libros, publicacións periódicas, CD, DVD, BR, recursos electrónicos, libros electrónicos, música impresa, postais, carteis, etc. procedentes de compras e doazóns, tanto de institucións públicas e privadas como de particulares.

Boa parte dos exemplares dos que dispoñemos están en acceso libre, é dicir, ao alcance directo do público, organizados por seccións. Podes solicitar axuda no mostrador tanto para orientarte nas distintas seccións como para consultar ou levar en préstamo algo que está no depósito.

Grazas á configuración da Rede de Bibliotecas de Galicia, á colección propia da Biblioteca súmanse as dos outros centros, cuxos materiais poden solicitarse a través do servizo de préstamo interbibliotecario.

A nosa colección está en constante crecemento e mellora. Animamos aos nosos usuarios e usuarias a que participen activamente na actualización da nosa colección facéndonos chegar as súas peticións mediante suxestións de compra.

Primer plano de libro y mano