O exemplar que preciso non está na biblioteca. Como podería conseguilo?

É posible que o material que buscas non estea no catálogo da túa biblioteca pero si nalgunha outra da Rede de Bibliotecas de Galicia. Nese caso, poderás dirixirte a ela e solicitalo directamente, xa que o teu carné dáche acceso a todas as bibliotecas da Rede.

En determinadas condicións tamén podes solicitar o préstamo interbibliotecario: desde a túa biblioteca localizarán o exemplar no catálogo da Rede, pediranllo á biblioteca na que se atope e avisarante cando chegue. Podes consultar as condicións desta modalidade no apartado Servizos > Servizo de préstamo.

Se ningunha biblioteca da rede ten o exemplar que buscas, ou cres que a túa biblioteca debería contar con el, podes facer unha suxestión de compra:

O persoal da biblioteca valorará a túa petición e recibirás un aviso no caso de que se aprobe.

Documentación