AVISOS
19/12/2017
Superlectores 2018
Superlectores 2018
Celebración do Día do Usuario e da Usuaria o 11 de xaneiro.

A Biblioteca convida aos seus lectores e lectoras a participar nas actividades conmemorativas: 

.Nomeamento de socios de honra 2018. Para os 3 usuarios infantís e 3 adultos con máis préstamos no 2017. “OS SUPERLECTORES”.  

Este nomeamento durará un ano, ata o vindeiro día do usuario 11/01/2019, e lles dará opción de levar máis obras en préstamo que o habitual durante o  ano 2018.

 -Socio de Honra Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables adultos, 10 libros prestables infantís,  15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables. S

-Socio de honra Infantilata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables. 

.Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario e da Usuraria para todos os lectores e lectoras que se acheguen a Bibliotecaa celebrar esta conmemoración.

-Adultos: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publiciacións periódicas prestables.

-Público infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Todos os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrablibiotecario.

. Visitas guiadas as 12:00h e as 18:00h aberta a todo o público que desexe coñecer os servizo, espazos e coleccións que ofrece a nosa Biblioteca.