GaliciaLe
Plataforma do libro electrónico das biblioteca públicas galegas onde atoparás obras en formato dixital de temáticas diversas nas que os intereses de todas as persoas lectoras teñen o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
Banco de Contidos de Planeta
É o maior banco de contidos dixitais en lingua española. Dirixido tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil, conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai deste recurso un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.
Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana)
Galiciana ten por obxectivo non só a dixitalización dos fondos patrimoniais máis relevantes de Galicia senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación das últimas directrices internacionais e nacionais. A súa misión, preservar e difundir de xeito virtual o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.
Bivir: Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego
Biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos ( ATG).
Carteis de Galicia
Colección de carteis depositados na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Nela pódense consultar carteis dende o ano 1958 ao 2011.
Biblioteca Virtual da Real Academia Galega
Biblioteca da R.A.G. dedicada a autoras e autores galegos especializada na área das humanidades e, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.
Biblioteca Virtual Galega
Proxecto realizado pola Universidade da Coruña co obxecto de difundir a lingua e literatura galega.
Recompilación de materiais de ciencia en galego
Páxina web na que se ofrece unha selección de materiais de ciencia en galego: blogues, unidades didácticas etc.
Orella Pendella
Esta páxina ten como obxectivo difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os galegos e as galegas do século XXI.
Discapnet: el portal de las personas con discapacidad
Iniciativa para fomentar a integración social e laboral das persoas con discapacidade, cofinanciada pola Fundación ONCE e Technosite. Recolle recursos sobre discapacidade agrupados por áreas temáticas: dereito, educación, saúde, tecnoloxía, accesibilidade. Inclúe un canal junior e outro sénior, novas...