Luísa Villalta, tatuada na pétrea pel do mar
02/05 - 31/05
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Exposición de carteis gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 organizada pola SXPL (Primaria)

Acollemos esta exposición elaborada polo CEIP Raquel Camacho, da Coruña, gañador do Concurso das Letras Galegas 2024 na categoría de educación infantil e primaria. Trátase dun harmonioso conxunto de carteis nos que destacan a creatividade, a beleza estética, a cooperación de todo o alumnado na súa elaboración, o carácter integrador e inclusivo e o emprego de técnicas e recursos diversos (códigos QR, linguaxe Braille, pictogramas etc.), na procura de difundir a vida e a obra de Luísa Villalta entre a rapazada.

Coa súa difusión, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ademais de divulgar a figura e a obra de Luísa Villalta, pretende salientar o seu labor como renovadora das nosas letras ao abrir unha liña de indagación poética sobre as interseccións entre a música e a poesía, o marcado feminismo e o discurso ético que impregnan toda a súa creación, e o fondo compromiso e desexo de contribuír coa súa achega, a unha sociedade máis igualitaria.

Pode visitarse do 2 ao 31 de maio no salón de actos no horario de apertura da biblioteca.