Dirixidas a público infantil e xuvenil en idade escolar.
A Biblioteca é un servizo público aberto a toda a ciudadanía
O obxectivo das visitas escolares é difundir as posibilidades formativas, informativas e de ocio que a biblioteca ofrece ás nenas e nenos.
Realízanse todos os mércores, agás festivos, do 15 de setembro ao 15 de xuño.
Os grupos serán dun máximo de 25 alumnos/as acompañados, a lo menos, por un docente.
As visitas consisten nun percorrido guiado polas instalacións, principalmente pola sala infantil, explicándolles de forma sinxela a organización da biblioteca, comentándolles a súa importancia e funcionalidade, e as súas normas.
A duración aproximada da visita é de 1 hora.
Realizanse duas sesións: ás 10:00 e ás 11:00h.
Requírese a inscrición previa:
- na propia biblioteca,
- na nosa web a través deste formulario
- nos teléfonos: 982 828 324 ou 982 828 327
Podes consultar a dispoñibilidade no calendario.