Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025

Imaxe

Convocatoria do Certame

A BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2025, de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar todas as nenas e  nenos con:

A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación: 

                             "Ler con coñecemento"
Hai novelas, hai cómics, hai mangas, hai libros de poesía, hai álbums ilustrados… e hai outros libros que nos informan sobre cómo voa un avión ou que acontece dentro dun volcán.
As veces os libros serven para mergullarnos nunha historia e outras para coñecer e aprender moitas cousas que non sabemos. De qué tema che gustaría atopar libros? Qué libros deste tipo coñeces ou chamaron a túa atención? Conta, conta…

B) Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4, sobre o tema proposto a continuación: 

                           "Ler con coñecemento"
Hai novelas, hai cómics, hai mangas, hai libros de poesía, hai álbums ilustrados… e hai outros libros que nos informan sobre cómo voa un avión ou que acontece dentro dun volcán.
As veces os libros serven para mergullarnos nunha historia e outras para coñecer e aprender moitas cousas que non sabemos. De qué tema che gustaría atopar libros? Qué libros deste tipo coñeces ou chamaron a túa atención? Conta, conta…

2. Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor en LETRAS MAIÚSCULAS
3. Establécense tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.

4. O Certame ten duas fases: 

         Fase local:   

  • Os traballos entregaránse na biblioteca municipal do teu concello e na Biblioteca Pública se participas en Lugo.
  • O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 12 de maio.
  • O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.                    

       Fase provincial:      

  • Os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
  • As bibliotecas municipais remitirán os seus traballos seleccionados á Biblioteca Pública de Lugo antes do vindeiro 10 de xuño
  • O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría os tres mellores traballos.
  • Os autores seleccionados recibirán cadansúa estatuiña de Sargadelos e un lote de libros.
  • O fallo do xurado farase público no mes de xuño.

5. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
6. Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
7. A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.