Convocatoria do Certame
A BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2026, de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:
A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación:
"Medrar lendo"
Ao largo da vida, hai momentos que nos cambian: cando aprendemos a ler as nosas primeiras palabras, cando descubrimos un conto que nos fai rir sen parar ou cando atopamos unha historia que parece falarnos directamente ao corazón.
Invitámoste a recordar e contar eses instantes especiais nos que os libros foron os teus compañeiros, axudándote a entender o mundo, a sentirte acompañado e a imaxinar novos camiños.
B) Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4, sobre o tema proposto a continuación:
"Medrar lendo"
Ao largo da vida, hai momentos que nos cambian: cando aprendemos a ler as nosas primeiras palabras, cando descubrimos un conto que nos fai rir sen parar ou cando atopamos unha historia que parece falarnos directamente ao corazón.
Invitámoste a recordar e contar eses instantes especiais nos que os libros foron os teus compañeiros, axudándote a entender o mundo, a sentirte acompañado e a imaxinar novos camiños.
2. Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor en LETRAS MAIÚSCULAS
3. Establécense tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.
4. O Certame ten duas fases:
Fase local:
- Os traballos entregaránse na biblioteca municipal do teu concello e na Biblioteca Pública se participas en Lugo.
- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 11 de maio.
- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
Fase provincial:
- Os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
- As bibliotecas municipais remitirán os seus traballos seleccionados á Biblioteca Pública de Lugo antes do vindeiro 1 de xuño
- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría os tres mellores traballos.
- Os autores seleccionados recibirán cadansúa estatuiña de Sargadelos e un lote de libros.
- O fallo do xurado farase público no mes de xuño.
5. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
6. Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
7. A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.