Certame de Poesía Infantil "Nadal 2026"

Imaxe

Convocatoria do Certame

A BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2026", de acordo coas seguintes bases:

Participantes: pode participar calquera neno ou nena, rapaz ou rapaza ata os 16 anos.

Establécense tres categorías: A,ata 8 anos; B,de 9 a 11 anos ; e C,de 12 a 16 anos.

Tema: O Nadal.

Língua: os poemas estarán redactados en galego.

Extensión: terán unha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Poderán presentarse escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis.

Identificación dos autores: cada autora ou autor poderá presentar cantos traballos desexe con cadansúa folla de datos cumprimentada en letra maiúscula lexible. Os datos identificativos irán nesta folla de datos, nunca no traballo presentado.

O Certame ten duas fases: 

         Fase local:   

  • Os traballos entregaránse na biblioteca municipal do teu concello e na Biblioteca Pública se participas en Lugo.
  • O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 22 de decembro de 2026.
  • O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará para cada categoría os tres traballos gañadores. 
  • Os autores premiados recibirán un DIPLOMA ACREDITATIVO e un LOTE DE LIBROS
  • O fallo do xurado local farase público no mes de xaneiro do 2027                   

       Fase provincial:      

  • Os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
  • As bibliotecas municipais remitirán os seus traballos seleccionados á Biblioteca Pública de Lugo antes do 22 de xaneiro de 2027.
  • O xurado, formado por persoas entendidas na materia, adxudicarán por cada categoría tres premios.
  • Os autores seleccionados recibirán cadansúa ESTATUIÑA DE SARGADELOS E LOTE DE LIBROS.
  • O fallo do xurado farase público antes do 26 de febreiro de 2027.

Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos. 

Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado. 

A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.