O prazo de inscrición comeza o martes, 15 de setembro ás 9:00 h
Informamos ás nosas usuarias e usuarios que o día 15 de setembro ás 9:00 horas iníciase o proceso para cubrir as prazas dos clubs de lectura, escrita e cómic que organiza a Biblioteca Pública de Lugo.
A inscripción é presencial, no mostrador de información da biblioteca e no horario de apertura habitual (de 9 a 21 h. de luns a venres e sábados de 10 a 14 h.)
Que hai que facer
- presentar o carné de lector da biblioteca
- cubrir con letra maiúscula e lexible un formulario cos datos que se requiren
- Se, por calquera motivo, non pode acudir á biblioteca para inscribirse, pode delegar en outra persoa descargando e presentando cuberta esta autorización e fotocopia do carné de lector da persoa que desexa inscribirse no club. Non se pode actuar en representaición de máis dunha persoa.
Cada lector ou lectora, só poderá anotarse en 1 dos clubs; por tanto, é conveniente, á hora de inscribirse, ter claro que día da semana quérese dedicar a esta actividade.
Os días de celebración das sesións presenciais dos Clubs de Lectura son os seguintes:
- CÓMIC: mércores de 19:30 h a 21:00 h (1 reunión mensual)
- CLUB DE ESCRITURA: martes alternos de 18:30 h a 20:30 h (2 reuniones mensuaís)
- CLUB DE LECTURA 1: xoves alternos de 18:00 h a 20:00 h (2 reuniones mensuaís)
- CLUB DE LECTURA 2: mércores alternos de 18:00 h a 20:00 h (2 reuniones mensuaís)
- CLUB DE LECTURA 3: martes alternos de 19:00 a 21:00 h (2 reuniones mensuaís)
A biblioteca resérvase o dereito de cambiar datas e/o horarios o que se comunicará aos integrantes dos clubs coa suficiente antelación.
A data de inicio será partir do 13 de outubro e a de remate en maio/xuño de 2027.
A Biblioteca porase en contacto unicamente coas persoas admitidas nos clubs para confirmarlles a súa admisión e a data definitiva de inicio das sesión; non se poñerá en contacto con aquelas persoas que, ao non obter praza, pasen a lista de agarda.
Lembramos a todos os lectores que a participación nos Clubs de Lectura conleva a aceptación dunhas normas básicas para facilitar o seu correcto funcionamento. Isto inclúe o cumprimento escrupuloso das datas de devolución dos materiais, tanto da obra que se le no Club de Lectura como a de calquera outro documento que se prestase desta ou doutras bibliotecas.
É imprescindible ter o carné de lector da Rede de Bibliotecas para poder participar nos clubs. Non se admitirá a ninguén que non teña un carné de biblioteca válido.