Instruccións Clubs de Lectura, Cómic e Escritura Temporada 2025-2026

Imaxe

O prazo de inscrición comeza o 15 de setembro ás 9:00 h

Informamos ás nosas usuarias e usuarios que o día 15 de setembro ás 9:00 horas iníciase o proceso para cubrir as prazas vacantes dos clubs que organiza a Biblioteca Pública de Lugo. 

O procedemento para a súa cobertura é o seguinte: 

  • Os integrantes do ano 2024-2025 seguen a manter a praza que ocupan.
  • Naqueles clubs nos que hai vacantes, ofertamos esas prazas ás persoas integrantes das listas de agarda (estas permanecen pechadas dende o remate das sesións dos clubs en maio-xuño do ano en curso) 

 Polo tanto o día 15 comenza o prazo de pre-inscrición para a lista de agarda dos seguintes clubs: 

  • Cómic (mércores, mensual)
  • Club de escrita (mércores alternos)
  • Club de lectura 1 (xoves alternos)
  • Club de lectura 2 (mércores alternos)
  • Club de lectura 3 (martes alternos)

Recomendamos ás persoas interesadas que se anoten na lista de agarda xa que poden producirse baixas entre os integrantes actuais, como así sucedeu en anos anteriores. 

As listas de agarda permanecerán abertas ata o remate dos clubs (mes de maio-xuño).

As solicitudes que cheguen antes do día 15 de setembro non serán tidas en conta. 

Os medios para inscribirse son: 

  • Presencialmente no mostrador de información no horario de apertura da biblioteca (de 9 a 21 h. de luns a venres)
  • Por teléfono, chamando ao 982828327
  • Por correo electrónico:  biblio.publica.lugo [at] xunta.gal (biblio[dot]publica[dot]lugo[at]xunta[dot]gal)

En ningún caso un usuario ou usuaria pode inscribir a outro/s usuario/s. Cada comunicación de inscrición debe ser individual. 

O número máximo de clubs nos que pode anotarse e participar un lector ou lectora é de 2. 

En función da demanda na inscrición, a biblioteca resérvase o dereito de limitar a 1 o número máximo de clubs nos que se pode participar. En calquera caso, sempre nos poremos en contacto coa usuaria ou usuario para que escolla o que máis lle interese. 

Os días de celebración das sesións presenciais dos Clubs de Lectura son os seguintes: 

  • CÓMIC: mércores de 19:30 h a 21:00 h (1 mensual)
  • CLUB DE ESCRITURA: mércores alternos de 18:30 h a 20:30 h
  • CLUB DE LECTURA 1: xoves alternos de 18:00 h a 20:00 h
  • CLUB DE LECTURA 2: mércores alternos de 18:00 h a 20:00 h
  • CLUB DE LECTURA 3: martes alternos de 19:00 a 21:00 h

Calquera cambio nas datas ou horarios comunicarase aos usuarios e usuarias integrantes dos clubs coa suficiente antelación. 

Está previsto que os clubs comecen a partir do 13 de outubro e que rematen en maio ou xuño de 2026. 

A Biblioteca porase en contacto unicamente coas persoas admitidas nos clubs para confirmarlles a súa admisión e a data definitiva de inicio das sesión; non se porá en contacto con aquelas persoas que estean en lista de agarda.

Lembramos a todas as lectoras e lectores que a participación nos Clubs de Lectura conleva a aceptación dunhas normas básicas que facilitan o seu correcto funcionamento. 

É imprescindible ter o carné da bibliotecas para poder participar nos clubs. Non se admitirá a ninguén que non teña un carné de biblioteca válido.

 

 

Documentación