Suxestións de compras

Imaxe

Dado o volume de suxestións de compras recibidas no último ano, a biblioteca decidiu, para xestionar mellor os seus recursos, establecer unha serie de normas, que entrarán en vigor a partir do 1 de abril do ano en curso.

O máximo de solicitudes de compra por usuario será de 12 ao ano. A partir dese número, as seguintes non se terán en conta. Se algún usuario fai unha suxestión e posteriormente elimínaa, dita suxestión tamén se terá en conta para o cómputo do total de 12.

Os usuarios con carné infantil non poderán solicitar obras destinadas a público adulto. 

A recepción dunha suxestión non implica a obrigación de adquirila.  

A súa aceptación dependerá de factores tales como:

  • Que a obra esté xa presente na biblioteca ou esté en proceso de adquisición.
  • Que o tema esté xa suficientemente representado na biblioteca.
  • Que o título esté dispoñíbel nalgunha das bibliotecas da rede e poderíase solicitar en préstamo intrabibliotecario.
  • Que a obra xa fora solicitada por otro usuario.
  • Que o contido da obra sexa actual
  • Que o título esté dispoñíbel no mercado.
  • Que exista disponibilidade orzamentaria no momento que se faga a petición.