Caxoto (Narrador oral)

Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo

Caxoto dende sempre estivo ligado aos espazos escénicos ben a través do teatro, do baile tradicional ou da música.

Despois de anos de traballo e formación a narración de Caxoto defínese hoxe en día como intensa, emocional, retórica, chea de xiros e case sempre cómica cando non bufonesca.

Un transitar entre as emocións, os ritmos, os tonos, os tempos... nos que o conto e o contar son todo un.

Caxoto cimentou o seu contar en dúas premisas básicas:

  • O narrador interior de cada un só se pode atopar dende a verdade.
  • Nunca se é demasiado maior para escoitar contos.

No seu repertorio como en botica, un pouco de todo: tradición oral, historias de vida, feitos históricos, contos de creación propia e algo de conto literario.

Actuación incluida dentro do ciclo "Risas con raíces: o humor da nosa terra" (programa de narradores orais).

Público: Adultos

Hora: 20:00 h.

Salón de actos.