Contos de peto

04 de Abril 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo

A cargo de Bea Iglesias

Un peto é un sitio ideal para gardar de todo. Neles  van parar as cousas que acompañan o día: unha pedra bonita do camiño, un papel cun debuxo, unha chave que abre portas coñecidas, unha canica que brilla ao sol. Ás veces, gardan silencios, pensamentos pequenos ou segredos que non queremos que se perdan polo vento.

Co paso do tempo, todas esas cousas comezan a falar entre elas. A pedra lembra o camiño, o debuxo inventa personaxes, a chave abre portas que antes non estaban…, sen decatarnos, dentro do peto empezan a nacer historias que medran ata converterse en contos.

Contos que buscan un buraquiño por onde escapar e facer trasnadas. Así que ten coidado, vai amodo, abre as orelliñas e presta atención, que ou conto xa empezou.

Para nenos/as a partir de 4 anos (Familiar)

Duración: 45 minutos

Hora: 12:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)