Creadoras de Música

05 de Marzo 2026, 20:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo

A cargo de Cantar Delas

A asociación cultural CANTAR DELAS leva funcionando dende setembro de 2007. Esta asociación promove o único grupo coral de voces brancas da provincia de Lugo que agrupa 24 voces femininas dirixidas por Fernando Gómez Jácome. Na actualidade está presidida por Dolores Varela Salgueiro.

Os seus obxectivos recollen:

  • A promoción e o exercicio da música coral polifónica.

  • A interpretación e promoción da música clásica en xeral e de autoría galega en particular.

  • A promoción da cultura galega a través da súa literatura, da súa música e da súa lingua.

  • A participación e a presenza das mulleres na vida cultural e social a través do canto coral.

  • A difusión da obra, tanto literaria coma musical, de escritoras, compositoras e intérpretes femininas.

O concerto:

Na historia universal faltan as páxinas das aportacións femininas á construción cultural e social. Mulleres escritoras, filosofas, pintoras, científicas e compositoras foron esquecidas, ignoradas e silenciadas por unha sociedade construída en masculino que relegou ás mulleres a un papel secundario, negándolles o acceso á educación e atribuíndolles como rol fundamental o reproductivo e o ámbito privado. Confinadas no xineceo do silencio, as mulleres compositoras e intérpetres foron invisiblilizadas e, aínda hoxe, silenciadas. A ruptura do silencio pasa polo coñecemento e o recoñecemento do seu valor e capacidade creativa. Cantar Delas con Creadoras de Música quere da a coñecer as composotoras musicais e as súas creadoras postergadas durante séculos á oscuridade da historia.

CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Público / Idade recomendada: Adultos

Duración: 1 hora 15 minutos

Hora: 20:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)