25 de Outubro 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo › Lugo
A cargo de Pedras de Cartón
Polo día das Bibliotecas,
Pedras de cartón presenta Moby Dick, un espectáculo creado a partir da afamada novela de Herman Melville.
Unha peza que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un gran cachalote de tres metros.
MOBY DICK conta a historia de Ismael, un xoven que decide embarcar nun baleeiro no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.
Público familiar (a partires de 4 anos).
Duración: 40 minutos
No vestíbulo da biblioteca (ata completar aforo)