Mulleres para pensar, ideas para defender

02 - 20 de Marzo 2026, 9:00 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo

Foro Feminista de Lugo

As aportacións das mulleres á historia da humanidade e á construción da igualdade e a defensa dos dereitos humanos foi, e segue a ser, descoñecida.

O feminismo é un movemento social e unha filosofía política humanista que conta con máis de 3 séculos de existencia. Porén as filósofas e activistas que posibilitaron coa súa loita á construción de sociedades máis xustas son practicamente descoñecidas.

Preténdese, con esta exposición, achegar á cidadanía lucense unha exposición que recolla mulleres pensadoras e activistas pola igualdade no camiño necesario do coñecemento e do recoñecemento.

Conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Lugar: Sala de exposicións da biblioteca, área de acollida.

Presentación o día 2 de marzo ás 19:30 h.