A óptica das ilusións

08 de Novembro 2024, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo › Lugo

A cargo de David Méndez

Experimenta a maxia e a marabilla dos enganos visuais da man do mago David Méndez, que combina as diferentes ilusións que reciben os nosos ollos e que cando chegan ao cerebro dan como resultado a admiración e o asombro.

Un espectáculo moi visual e participativo para todos os públicos.

Para nenos/as de 4 a 12 anos (público familiar)

Duración: 45 minutos

Salón de Actos (ata completar aforo)