Toma Castaña Galicia

13 de Decembro 2024 - 20 de Xaneiro 2025, 9:00 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo › Lugo

Exposición

Ven descubrir os impresionantes castiñeiros senlleiros da nosa comunidade, árbores que forman parte do valioso legado do patrimonio natural galego, e que nos regalan cada outono os seus froitos, as castañas, eses pequenos tesouros que se esconden nos seus característicos ourizos.

Mergúllate nun souto recreado especialmente para ti, nunha homenaxe a nosa terra e tradicións.

Os paneis están ordenados respectando as dúas seccións que compoñen o Catálogo galego de árbores singulares: árbores (identificadas coa letra A) e formacións (F). Dentro de cada unha destas seccións, o ritmo da exposición segue a orde cronolóxica na que foron incluídos nese catálogo.

(Acompañado do código QR que redirixe a el)

A exposición poderedes visitala no vestíbulo da biblioteca, no horario habitual de apertura.