31 de outubro 2026, 12:00
Engadir ao calendario
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo
A cargo de Ana B. Trillo
Esta noite, cando as sombras medran e as historias cobran vida, un misterioso cordel convértese na porta de entrada a un mundo de contos e personaxes fantásticos.
A través de historias narradas en inglés, o público descubrirá que un simple fío pode transformarse, como por encantamento, en figuras sorprendentes. Pero nesta ocasión, o cordel non estará só: obxectos, xestos, sons e outros recursos narrativos axudarán a crear unha atmosfera máxica perfecta para celebrar Halloween..
Un espectáculo para escoitar, descubrir e xogar co inglés, porque cando chega Halloween… every story has a little bit of magic!
Para nenos/as a partir de 4 anos.
Duración: 45 minutos.
Salón de actos.