GaliciaLe é a plataforma de préstamo en liña de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
Conta con dous catálogos: o Catálogo galego, e eBiblioGalicia. As obras incluídas nestas dúas contornas poderanse ler e visionar en dispositivos compatibles en función do seu formato: lectores de libro electrónico, tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. Dependendo do documento de que se trate, a lectura pode facerse en liña ou mediante descarga. A visualización de películas só pode facerse en liña.
Para poder acceder a GaliciaLe só precisas ter o carné dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e iniciar sesión no catálogo que elixas, empregando o usuario e contrasinal que che proporcionaron xunto co carné, e que tamén serve para acceder á túa conta persoal.
Tamén podes empregar o servizo desde a aplicación móbil de cada un dos catálogos.
Poden tomarse en préstamo:
- Ata un máximo de tres libros en cada catálogo durante un prazo de 21 días.
- Ata dous audiolibros en cada catálogo, durante 21 días.
- Ata dúas revistas durante 3 días.
- Ata dúas películas (unicamente no catálogo galego) durante un prazo de 48 horas.
Máis información en: