Como podo solicitar o carné da biblioteca?

Hai dúas vías para solicitar o carné:

  • Telemática: dispoñible para persoas físicas con DNI/NIE que dispoñan de certificado dixital ou Chave365. Se es menor de idade, é a persoa representante (pai, nai, titor ou titora) quen debe reunir estes requisitos.

Solicitar o carné

  • Presencial: esta opción está dispoñible para todas as persoas e entidades. Podes acudir directamente á biblioteca da túa elección ou ben iniciar o rexistro vía web, o que facilitará e axilizará o proceso unha vez que vaias á biblioteca para finalizar o trámite.

Iniciar o rexistro

Máis información en: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/carne-da-biblioteca