Podo usar o carné da biblioteca doutra persoa?

O carné da biblioteca é persoal e intransferible. Porén, se non podes ir á biblioteca persoalmente, podes asinar unha autorización para que outra persoa use o carné no teu nome.

Podes descargar o modelo de autorización neste enlace.

Se es o pai, nai ou titor/a de nenos ou nenas menores de 14 anos, podes usar o carné infantil no nome deles. Se o neno ou nena ten 14 anos ou máis, para usar o seu carné precisarás a súa autorización expresa.