En caso de perda da tarxeta, debes comunicalo á túa biblioteca, para que a anulen e che emitan outra. Desta forma evítase que terceiras persoas poidan facer uso dela indebidamente. Ten en conta que ti serías responsable das accións feitas co teu carné.
Podes comunicar a perda do carné:
- Directamente na biblioteca
- A través da túa conta persoal (https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/)
- Na app da Rede de Bibliotecas de Galicia
Lembra que a app permíteche levar o carné no móbil sen necesidade de empregar a tarxeta.
Máis información en: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/apps-da-rede/app-da-rede-de-bibliotecas-de-galicia.