Teño un carné de biblioteca vello pero hai anos que non o uso, aínda é válido?

Os carnés de biblioteca caducan aos cinco anos desde a súa emisión no caso de adultos, tres anos no caso de carné infantil, ou dez no caso de carnés de entidade.

Pasado este tempo, debes contactar coa túa biblioteca para actualizar os datos e reactivar o carné.