Formulario de solicitude de reserva de instalacións (Lugo)

Datos da persoa solicitante
No caso de actuar en representación dunha entidade
Datos de contacto
Datos da reserva
Espazo que se solicita
Incluír os necesarios para a montaxe e desmontaxe, se é o caso
Días e horarios
Días e horarios
Materiais necesarios
Sinatura
Para completar o trámite pode anexar aquí a súa solicitude con DNI electrónico ou certificado dixital. Do contrario, é necesario que se dirixa á biblioteca para asinala.
Descargar a solicitude para asinar
Máximo un arquivo.
Límite de 2 MB.
Tipos permitidos: pdf.
Máximo un arquivo.
Límite de 20 MB.
Tipos permitidos: txt, rtf, doc, docx, ppt, pptx, xls, xlsx, pdf, odf, odg, odp, ods, odt.
Condicións da reserva de instalacións

A) Actividades para as que se pode autorizar o uso de espazos da biblioteca

  1. A biblioteca permite a utilización do seu salón de actos ou outros espazos a entidades, para realizar actividades con fins culturais, educativos ou sociais. As salas de traballo, cando estean dispoñibles, poden utilizarse para reunións, traballos en grupo etc.
  2. Non se autorizará o uso de espazos da biblioteca para actividades ilegais, que atenten contra a dignidade ou os dereitos fundamentais das persoas, poñan en perigo a seguridade das persoas ou instalacións ou perturben o normal funcionamento da biblioteca.
  3. Non se autoriza a actividade comercial, incluída a venda de libros ou outros produtos.
  4. A autorización estará condicionada á non coincidencia con actos programados pola biblioteca.

B) Solicitude

  1. A solicitude de espazos debe facerse cunha antelación mínima de 15 días hábiles. Na solicitude deberán incluírse os medios materiais ou técnicos que precise.
  2. Cando a actividade para a que se solicite o espazo vaia ser obxecto de publicidade ou difusión pública, á solicitude deberá adxuntarse un borrador do cartel ou texto que vaia ser obxecto de publicación.
  3. As solicitudes debidamente formuladas serán contestadas pola biblioteca ao correo electrónico indicado na solicitude.
  4. No suposto de que o acto previsto, unha vez autorizado, non se puidese levar a cabo por parte da entidade solicitante na forma ou nos prazos establecidos, esta deberá poñelo en coñecemento da biblioteca coa suficiente antelación e polo procedemento máis rápido posible.

C) Condicións de uso

  1. O uso das instalacións será por tempo limitado.
  2. A utilización das dependencias é gratuíta.
  3. A entidade solicitante correrá cos gastos ocasionados con motivo da montaxe ou mantemento do acto celebrado, así como cos dos danos ocasionados durante ou a consecuencia da súa realización. No caso de producirse danos ou desperfectos, a biblioteca establecerá que empresa/s realizarán a reparación e a entidade solicitante deberá aboar o seu importe.
  4. A biblioteca non se fai responsable dos danos ou perdas sufridos polos elementos das exposicións ou do material achegado pola entidade solicitante.
  5. Por motivos de seguridade e saúde pública, o número de asistentes non poderá exceder a capacidade da sala, quedando sempre libres as vías de evacuación (corredores) en caso de emerxencia. Esta limitación deberá mencionarse cando se lle dea publicidade á actividade.
  6. A persoa ou persoas coordinadoras da actividade deberán permanecer na sala cedida durante o todo o transcurso da actividade. Esta norma non é aplicable ao uso de espazos para exposicións, mostras e similares, que se manteñan durante un tempo prolongado.
  7. A biblioteca equipará o espazo co mobiliario e medios técnicos dos que dispoña. Pola súa parte, a entidade solicitante responsabilizarase de levar o material funxible que necesite (copias ou impresión de documentos, folios, material de escritura e semellantes). A entidade solicitante seguirá as instrucións do persoal da biblioteca en canto á preparación e configuración dos equipos, á colocación do mobiliario e á sinalización do espazo, así como á súa recollida ao finalizar o acto.
  8. No caso das exposicións, será a entidade solicitante a encargada da súa montaxe e recollida dentro dos prazos e datas concertadas coa biblioteca, que deberá incluír na solicitude.
  9. A entidade solicitante poderá promover actividades publicitarias en relación co acto autorizado, correndo integramente ao seu cargo todos os gastos ocasionados. A biblioteca decidirá se envía ou non desde a súa administración calquera publicidade sobre a actividade.
  10. As actividades desenvolvidas durante a celebración do acto limitaranse única e exclusivamente a aquelas que foron debidamente autorizadas e nos termos precisos correspondentes á súa aprobación. O incumprimento destas condicións poderá supoñer a suspensión da autorización para a parte da actividade aínda non realizada, así como a denegación de posteriores solicitudes.
  11. A entidade solicitante será a responsable de todas as imaxes que se tomen durante o transcurso da actividade e da autorización para captación e difusión de imaxes de participantes, en cumprimento do disposto na normativa vixente en materia de protección de datos.
  12. Para a proxección pública de películas e demais obras audiovisuais é necesario acreditar documentalmente que a persoa ou entidade solicitante ten o permiso do/a propietario/a dos dereitos, ou ben demostrar o pago dos dereitos á SGAE ou a calquera outra xestora dos dereitos de comunicación pública.
Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Consellería de Lingua e Xuventude.
Finalidades do tratamento Tramitar as reservas de espazos nas instalacións da Biblioteca Pública de Lugo para o desenvolvemento de actividades con fins culturais ou sociais.
Lexitimación para o tratamento Cumprimento dunha misión realizada en interese público con base na Lei 5/2012, de 15 de xuño, de Bibliotecas de Galicia.
Destinatarios/as dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio dos dereitos As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos.
Contacto delegado/a protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais