Páxina web da Catedral de Lugo
A catedral de Lugo está situada a carón da muralla, diante da porta de Santiago, preto da Praza Maior. A súa construción comezou no século XII, e ten trazas de estilo románico, con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos. Dende o ano 2015 é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como parte dos Camiños Primitivo e Norte.