Outras bibliotecas

Imaxe
Galicia
A cidade
Lingua e literatura
Xeral
Todos os públicos
Páxinas web

Na cidade de Lugo existen outras dúas bibliotecas públicas: a biblioteca municipal de Lugo e a Biblioteca Intercentros do Campus Terra

A biblioteca municipal de Lugo Isidro Novo alberga unha colección composta por fondo infantil, fondo de adultos, fondo multimedia, publicacións periódicas...

Ofrece servizos de consulta en sala, préstamo, información bibliográfica e acceso á Internet; así como actividades de animación á lectura, visitas escolares e guías de lectura.

A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo dá servizo ás titulacións das Facultades de Administración e Dirección de Empresas, de Ciencias, de Humanidades, de Veterinaria e á Escola Politécnica Superior.

Situada no corazón do campus, conta con catro andares e 1510 postos de lectura distribuidos en:

  • Planta soto: sala de estudo de básicas, aula E-terra equipada con 21 PCs e depósito.
  • Planta de acceso: mostrador de préstamo, servizo de información e referencia, sala de ciencias agrarias e forestais.
  • Primeira planta: sala de veterinaria e tecnoloxía dos alimentos, sala de ciencias sociais e sala de traballo en grupo.
  • Segunda planta: sala de humanidades, hemeroteca, oficina de adquisicións e sala de investigadores.

As coleccións da Biblioteca, en libre acceso na súa práctica totalidade, comprenden máis de 105.000 monografías e 1.676 títulos de revistas (unhas 500 en curso).