Outras institucións culturais

Imaxe
Galicia
A cidade
Arte
Cultura e patrimonio
Todos os públicos
Páxinas web

Información sobre outras institucións culturais da cidade de Lugo

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo recibe os fondos documentais dos órganos provinciais da administración do Estado e os fondos da administración de xustiza e rexistros da fe pública na provincia. Custodia tamén outros fondos públicos, como os de concellos ou de corporacións, fondos privados e unha importante e relevante colección fotográfica.

O Museo Provinvial de Lugo foi creado coa intención de reunir e protexer distintos bens do patrimonio da provincia dispersos en coleccións particulares e institucións públicas.

As Salas Museísticas Municipais conformada na actualidade por cinco centros expositivos e unha oficina de turismo, aproveitando a riqueza patrimonial e cultural da cidade, sen deixar de lado mostras contemporáneas con marcado corte vangardista:

  • O Museo Interactivo da Historia
  • A Domus Oceani
  • O Centro arqueolóxico San Roque
  • A Sala de Exposicións Porta Miñá
  • Centro de Interpretación da Muralla
  • Oficina de Turismo de Lugo

A Sede Afundación de Lugo é un edificio multifuncional, concibido co fin de que os seus espazos poidan ser tamén utilizados por entidades públicas e privadas, así como por organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes á nosa filosofía.

O Círculo das Artes posúe un importante fondo de obras de arte, conta cunha magnífica Biblioteca de máis de dez mil volumes e unha Hemeroteca na que se poden atopar todas as revistas e xornais importantes, nacionais e estranxeiros, así como as publicacións oficiais do Estado, a Comunidade Autónoma e a provincia. Desde o Instituto de Estudios do Círculo impártense clases gratuítas de Pintura e Debuxo, Billar e Xadrez para socios de todas as idades.