Servizo de consulta

Imaxe

Este servizo está especialmente dirixido á consulta dos documentos que non se prestan a domicilio.

Os materiais obxecto de consulta son:

  • Obras de referencia: enciclopedias e dicionarios, repertorios bibliográficos...
  • Fondos especiais: facsímiles, obras con dedicatorias ou anotacións manuscritas autógrafas, doazóns de especial relevancia...
  • Fondo patrimonial.
  • Fondo de Déposito Legal da nosa provincia: libros, revistas, periódicos, materiais audiovisuais e gráficos.
  • Prensa histórica.

Para acceder aos fondos de carácter especial e/ou patrimonial da biblioteca, a persoa interesada debe presentar unha solicitude cunha antelación mínima de 3 días hábiles, empregando o seguinte formulario en liña: Solicitude de consulta de fondos de acceso restrinxido. No formulario indicaranse os motivos polos que se solicita a consulta. O permiso estará suxeito a criterios técnicos de conservación e preservación dos materiais en cuestión.

A biblioteca tamén pon a disposición das persoas usuarias os medios necesarios (postos de lectura, lectores de son e de audiovisuais, etc.) para que, se o desexan, poidan consultar os materiais prestables dentro da propia biblioteca sen necesidade de levalos en préstamo.

Así mesmo, poderán solicitarse materiais doutras bibliotecas para a súa consulta nas mesmas condicións.