As fabas máxicas

28 de Marzo 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo

A cargo de Caramuxo Teatro

Neste espectáculo contado en primeira persoa Caramuxo Teatro achega unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.

Tras criarse na aldea coa súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York.

Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.

As fabas máxicas é unha fermosa peza na que o humor, a emoción e a palabra van da man.

CONMEMORAMOS O DÍA DO TEATRO QUE É O 27 DE MARZO.

Para nenos/as a partir de 4 anos.

Duración: 40 minutos

Hora: 12:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)