30 de Maio 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo › Lugo
A cargo de KaiZen Tangle
O Método Zentangle é un método de debuxo abstracto, meditativo mediante trazos e patróns repetitivos que permiten chegar a un estado de alta concentración e relaxación dando lugar á creación de imaxes sorprendentes.
En Zentangle non hai goma de borrar, porque o erro non existe.
A través deste método, aprenderán a perder o medo ao fracaso, a reducir o estres, mellorar a concentración e fortalecer a súa paciencia.
Non é necesario ter ningunha habilidade previa. Só ganas de divertirse e pasalo ben.
Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)
Duración: 90 minutos
Horario: 18:00 h.
Ludoteca
Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329