A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo
A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular.
O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 m e a súa altura varía entre os 8 e os 12 ou 10 m sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 m de largo.
Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco.
O 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.