Reserva de instalacións

Imaxe

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural e a integración social, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

As actividades que se realicen nos espazos da biblioteca non poden ter ánimo de lucro.

Os espazos que se poden solicitar son os seguintes: 

  • Salón de actos

O salón de actos está a disposición de calquera persoa ou entidade que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións, exposicións, conferencias, cursos...).

O salón de actos ten unha capacidade para 172 persoas e está equipado con ordenador, proxector, pantalla e equipo de son

  • Espazos expositivos

A biblioteca pon os seus espazos a disposición de particulares ou institucións para a realización de mostras e exposicións artísticas, coleccións etc. 

Consulta co persoal da biblioteca os espazos máis adecuados para as características da túa exposición. 

Solicitudes

Pode solicitarse o uso destes espazos enchendo o Formulario de reserva de instalacións, cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

No apartado "Documentación adicional" do citado formulario haberá que achegar o documento de aceptación das condicións da reserva de instalacións asinado mediante DNI electrónico ou certificado dixital. No caso de non contar con sinatura electrónica, deberá entregar un exemplar asinado a man na biblioteca.

Unha vez recibida a solicitude, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa solicitante para informala da aceptación ou denegación da solicitude. En calquera caso, a autorización está condicionada polas necesidades de uso da propia biblioteca.

Documentación