Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia as persoas usuarias na resolución das súas necesidades informativas específicas.
A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:
Información xeral
Preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas.
Estas consultas aténdense:
- Presencialmente, nos mostradores de cada sala.
- Por teléfono, chamando ao número 982828327.
- Por correo electrónico:biblio.publica.lugo [at] xunta.gal (biblio[dot]publica[dot]lugo[at]xunta[dot]es).
Información bibliográfica e de referencia
Preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter estatístico, lexislativo... As fontes para a resolución deste tipo de consultas abranguen a colección da propia biblioteca, a doutras bibliotecas (coa posibilidade de solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario), Internet, etc.
As consultas bibliográficas e de referencia poden formularse:
- Por correo electrónico:biblio.publica.lugo [at] xunta.gal (biblio[dot]publica[dot]lugo[at]xunta[dot]es).
- A través deste formulario: Solicitude de información xeral, bibliográfica ou de referencia.
Como complemento a este servizo, as persoas usuarias poden dirixirse a Pregunte, as bibliotecas responden, proxecto de información público en Internet xestionado cooperativamente por varias bibliotecas públicas de diferentes Comunidades Autónomas. Este servizo, atendido por persoal especializado das bibliotecas participantes, está aberto a toda a cidadanía e funciona 24 horas, 365 días ao ano co compromiso de contestar nun prazo máximo de dous días (excepto festivos e fins de semana). As preguntas poden tratar sobre calquera tema puntual e concreto.