As nosas coleccións

Libros informativos

Está formado por obras de diferentes materias que abarcan todas as áreas do coñecemento, clasificados pola C.D.U. , desde o 0 ao 9:

· 0 Xeneralidades
· 1 Filosofía, psicoloxía
· 2 Relixión
· 3 Ciencias sociais
· 5 Matemáticas, ciencias naturais
· 6 Ciencias aplicadas
· 7 Belas artes, xogos, espectáculos
· 8 Lingua, literatura
· 9 Xeografía e historia

Literatura

Fondo composto polas obras literarias destinadas a adultos. Están clasificadas en:

· Narrativa (N)
· Poesía (P)
· Teatro (T)
· Biografías individuais (B)
· Outros xéneros (OX): ensaío…

Audiovisuais

Este fondo está formado por:

· Cine: colección de películas ordenadas por xéneros: (cine musical, fantástico, ciencia ficción, drama, comedia, oeste, cine español, grandes clásicos…)

· Música: clásica, bandas sonoras, pop rock nacional e internaciona, músicas do mundo….
· Series de TV
· Documentais
· Idiomas

Colección accesible

A colección está formada por:

· Audiolibros: libros en formato CD-Audio
· Libros de letra grande: libros cunha letra máis grande do habitual e dirixida a persoas con dificultade de visión
· Libros de lectura fácil: libros elaborados para poder se lidos e comprendidos por persoas que teñen dificultades lectoras o/ou de comprensión.

A colección está ubicada na Sala Audiovisuais ca signatura:
“C. Accesible” 

A biblioteca tamén dispón dunha colección de libros en braille

Comiteca

Este fondo está clasificado en 5 grandes grupos:

· Cómic ameriacano (CA)
· Cómic español, europeo e hispanoamericano (CE)
· Cómic manga (CM)
· Cómic galego (CG)
· Publicacións sobre o cómic (CP)

Ademáis todos levan iconos identificativos de xénero (fantástico, social e político....)

Hemeroteca

· Prensa diaria, local, rexional, nacional e internacional
· Revistas de información xeral e especializada

A biblioteca conta con un importante fondo de diarios e revistas anteriores e de principios do século XX. Unha parte de esos fondos está dixitalizada e pódese consultar a través de internet na páxina de Galiciana da Biblioteca de Galicia e na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica

Infantil / xuvenil

Destinado aos lectores máis pequenos, ata 14 anos, está formado por:
Libros:
Organizado, a modo orientativo, por cores que se corresponde cun grupo de idade determinado:

· Azul de 0 a 5 anos
· Vermello de 6 a 8 anos
· Vede de 9 a 11 anos
· Amarelo de 12 a 14 anos

Non levan cor o comic, o libro xuvenil, e os libros para país e profes Pódese atopar:

· Libro informativo: ordenados por grandes áreas temáticas
· Narrativa: dentro de cada cor está disposta por grandes temas (aventura, misterio, fantasía, emocións…)
· Cómic
· Recuncho dos país
· Profes
· Idiomas
· De 0 a 3 anos: unha colección para os máis pequenos
· Novidades

Revistas:

A biblioteca ten diferentes revistas infantís para todas as edades.
Pódelas ler na sala ou levalas para casa, agás o últimio número da publicación

Audiovisuais:

Este fondo inclúe: DVDs, CD-ROMs, CDs, xogos para consolas…

Sección local

O Fondo local está formado por:

· Obras con información sobre Lugo
· Autores lucenses ou vinculados a Lugo.

Incluímos neste grupo os libros que traten sobre o Camiño Primitivo de Santiago.
Os libros levarán Fondo Local na signatura suplementaria e Fl na sua signatura

Fondos especiais

Fondo antigo

A Biblioteca dispón dun importante fondo bibliográfico antigo. Neste
fondo podemos atopar:

· Incunables do século XV
· Manuscritos dos séculos XVI ao XIX
· Libros do seulos XVI-XIX

Sala Menacho

Fondo doado en 1952 por D. Benito Menacho Ulibarri. Consta duns 6841 volumes nunha sala independente.

Sala Montenegro

En 1969 o Ministerio de Educación e Ciencia comprou a biblioteca particular de D. José María Montenegro Soto, formada por uns 2414 volumes de temática variada ainda que predomina literatura, nos seus diversos xéneros, importantes obras de autores franceses de historia e filosofía así como exemplares dos séculos XVII e XVIII