SERVIZOS

Resultados 1 a 7 de 7
Autopréstamo na comicteca

Servizo de préstamo

O servizo de préstamo ofrece ao público, de forma gratuíta, a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos “prestables” da biblioteca.

Colección accesible

Servizo de Biblioteca accesible

Pequena colección de documentos dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada

Galiciale

Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe e Biblioteca Dixital da Rede)

O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase para os usuarios/as das bibliotecas públicas galegas a través do servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos dirixido aos lectores/as con carné de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que, de xeito gratuíto, teñen á súa disposición estes recursos. A Biblioteca Pública de Lugo, como centro integrante desta rede, oferta este servizo aos seus usuarios/as.

Ordenadores con acceso a internet

Servizo de acceso á Internet

A biblioteca proporciona acceso gratuíto á Internet dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

SALA DE EXPOSICIÓNS

Cesión de espazos

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

Consulta de documentos

Servizo de consulta de documentos

Con este servizo a biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.

Servizo de información e referencia. Consulta de prensa e revistas

Servizo de información e referencia. Consulta de prensa e revistas

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ao lector na resolución das súas necesidades informativas específicas.