Os usuarios deben aceptar as normas de funcionamento da Biblioteca:
- Sería conveniente gardar silencio nas zonas de lectura e falar baixo nas outras dependencias.
- Recomendariamos silenciar os teléfonos móbiles.
- Depositar os materiais nos lugares dispostas para iso.
- Debemos repoñer o material que extravíe ou dane e ver pola integridade dos fondos da biblioteca, que son patrimonio de todos.
- Non podemos sacar da Biblioteca ningún documento sen facer previamente o préstamo ou solicitar permiso.
- Non deberíamos comer nin beber no recinto da biblioteca.
- É conveniente diexar os bolsos grandes, mochilas e maletas, monopatíns, triciclos e calquera obxecto de gran tamaño nas taquillas.
- Debemos respectar ao persoal da biblioteca atendendo as súas indicacións.
- O persoal da biblioteca debe atender con respecto ao público usuario.
- É conveniente respectar as instalacións, mobles e material da biblioteca.
- Os menores de 8 anos deberán estar acompañados en todo momento dun adulto.
- Está permitida só a entrada aos cans de asistencia que acompañen a persoas con discapacidade.