Formigas no peto

20 de Marzo 2026, 20:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo

A cargo de ÍTACA Teatro

“Formigas no peto” é unha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes coa narración oral e co teatro de autor.

Trátase dun espectáculo unipersoal que fala da memoria individual e colectiva de todos nós e que, por medio de varias personaxes moi recoñecibles e familiares vencelladas á nosa vida cotiá, vainos levando polo Bazar da Memoria do protagonista quen, dende alí mesmo, nos conta, sente e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia… ou a nosa.

CONMEMORAMOS O DÍA DO TEATRO

Público / Idade recomendada: Adultos

Duración: 70 minutos

Hora: 20:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)