Lúa

21 de Marzo 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo

A cargo de Pepablo Patinho

Un día Lúa decide baixar á terra para observar que é o que alí sucede e, sobre todo, a que se debe tanto barullo.

Neste contacontos, Pepablo Patinho propón unha morea de poemas cunha protagonista común: A lúa; e co obxectivo de que os nenos recapaciten sobre problemas da sociedade.Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes nos versos de Lúa

CONMEMORAMOS O DÍA DA POESÍA QUE É O DÍA 21 DE MARZO

Para nenos/as a partir de 4 anos.

Duración: 45 minutos

Hora: 12:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)